Latimeria

Distribución das dúas especies de Latimeria.

Latimeria é un xénero de peixes osteíctios da superclase dos sarcopterixios, orde dos celacantiformes, única da subclase dos actinistios, que é o tipo, e único, da familia dos latimeríidos.

Comprende tan só dúas especies, coñecidas na bibliografía internacional como celacantos.

Estes peixes soin célebres pola súa posición na árboreda vida. Morfoloxicamente parécense aos antepasados acuáticos dos vertebrados terrestres que viviron hai 350 millóns de anos.

Latimeria chalumnae o celacanto propiamente dito,[3] ou celacanto das Comores, foi a primeira especie descuberta, en 1938.

Latimeria menadoensis, o celacanto de Manado, ou clacanto indonsio, descubriuse en 1999 cerca da illa indonesia de Manado Tua, situada ao norte de Sulawesi.

Ambas as especies está gravemente ameazadas de extinción.[1]

  1. 1,0 1,1 Especies do xénero Latimeria na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
  2. 2,0 2,1 Latimeria Smith, 1939 no WoRMS.
  3. Gran dicionario Xerais da lingua, (2009): celacanto. s. m. Peixe crosoptrerixio da orde dos celacantiformes (Latimeria chalumnae), que posúe unha articulación intracranial.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy